325 inscritos para a segunda edición da Pontevedra BTT Non Stop
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Pontillón do Castro prepárase para acoller a segunda edición da BTT Pontevedra Non Stop.
A proba de resistencia contará coa presenza de 325 deportistas afeccionados o vindeiro sábado 3 de outubro.
A BTT Non Stop arrancará ás 9:00 horas coa opción de competir 6 ou 12 horas de xeito continuo, agrupándose a maior parte dos participantes en diferentes equipos que irán facendo substitucións.
Con todo 40 persoas realizarán a proba de xeito individual. Ademais inscribiuse un equipo composto por dúas persoas con discapacidade na modalidade de 6 horas.
O Pontillón do Castro, ademais do evento ciclista, completará unha animada xornada con diversos postos do sector ou diversas actividades, incluídas clases de padel surf no encoro.
A organización corre a cargo da Roda do Demo coa colaboración do Instituto Municipal de Deportes.