Xornadas intensivas de tenis de mesa en Príncipe Felipe
Por Diego Torrado
O mellor tenis de mesa galego cítase durante toda a fin de semana en Pontevedra, coa disputa do XVII Torneo Internacional de Verán organizado polo Tenis de Mesa Monte Porreiro.
O pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe é o centro dun evento que congrega a máis de 200 xogadores, con presenza de clubs doutras comunidades autónomas e tamén de Portugal.
Durante o sábado, en horario intensivo de 9:00 a 21:00 horas, disputáronse multitude de partidos nas categorias inferiores e de veteranos, mentres este domingo a quenda é para a categoría absoluta.
Este torneo supón unha importante pedra de toque para os xogadores antes do inicio da competición oficial.