Recital de Gómez Noya no test olímpico de Río de Janeiro
Por Redacción
O principal obxectivo para Gómez Noya no test olímpico, que se disputou este domingo en Río de Janeiro, era probar o circuíto que se encontrará nos Xogos Olímpicos de 2016, e as sensacións non puideron ser mellores.
O triatleta galego deu un auténtico recital en Brasil para impoñerse con autoridade (1:48:26) e gañar oficialmente a praza olímpica.
Gómez Noya aguantou o forte ritmo que impuxo Varga na natación, nas augas da praia de Copacabana, saíndo no grupo dianteiro con franca vantaxe sobre un pelotón no que se encontraban Mario Mola, Fernando Alarza ou Richard Murray, entre outros.
No sector de ciclismo a vantaxe do grupo cabeceiro foi aumentando nun circuíto técnico e con duras pendentes, ata chegar a preto de dous minutos.
Todo se decidiría nos 10.000 metros a pé, pero sorprendentemente Alistair Brownlee descolgouse e a carreira converteuse nun duelo entre Gómez Noya e o francés Vincent Luis, ao igual que en Hamburgo.
Non obstante esta vez o galego era o máis forte e descolgou a Luis no ecuador da carreira para facerse cun triunfo de prestixio que sobe a moral de Javi Gómez Noya de cara ao que será o seu principal obxectivo de 2016, a medalla de ouro en Río.
Vincent Luis foi segundo cun tempo de 1:48:40 e Richard Murray terceiro (1:49:01) tras remontar ata chegar ao podio.
Relacionadas:
-
Unha enfermidade pon en perigo a participación de Gómez Noya no Mundial 70.3, onde defende título
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya gaña en Estocolmo e queda a un paso do seu quinto Mundial
Por Redacción |
-
As ausencias en Estocolmo achegan o quinto título mundial para Javi Gómez Noya
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya vese "con opcións de volver gañar o Mundial e non o vou desaproveitar"
Por Diego Espiño |
-
Probar o circuíto de Río 2016, obxectivo de Gómez Noya no test olímpico
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya, pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Javi Gómez Noya é segundo en Hamburgo e mantén o liderado nas Series Mundiais
Por Redacción |