Gómez Noya vese "con opcións de volver gañar o Mundial e non o vou desaproveitar"
Por Diego Espiño
Coa moral alta e convencido de lograr o seu quinto campionato do Mundo. Así encara Javier Gómez Noya o tramo final da tempada, no que espera conservar a súa condición de líder das Series Mundiais nas tres últimas citas do calendario.
Estocolmo será a primeira delas, o 23 de agosto, e malia que o Mundial non era o seu principal obxectivo do ano velo tan preto anima o triatleta galego: "estou nunha situación con opcións de volver a gañar o Mundial outra vez e non o vou desaproveitar por moito que haxa Xogos Olímpicos o ano que vén", sinalou.
Gómez Noya compareceu este mércores ante os medios de comunicación na firma do acordo de colaboración coa Xunta de Galicia a través da marca Galicia Calidade, que pasará a ser un dos seus patrocinadores a cambio de 20.000 euros durante os dous próximos anos.
Ata que chegue a cita de Estocolmo, o campión do Mundo adestrará en Pontevedra, a onde chegou directamente de Brasil tras tomar parte no test olímpico de Río de Janeiro.
Alí Javi deu un auténtico recital no circuíto no que se correrán os Xogos Olímpicos, competición para a que logrou a súa clasificación, o que "psicolóxicamente é un reforzo para min", afirmou.
Gómez Noya valorou como "unha boa experiencia" probar o percorrido olímpico, que definde como "un circuito moi esixente e duro. Dende o principio a natación xa é complicada, saída dende a praia sempre con algo de oleaxe ao ser mar aberto, e o percorrido de bici tamén é duro cunha subida non moi larga pero empinada e unha baixada técnica que endurece a proba. Logo está a climatoloxía, calor e humidade pese a que é inverno", explicou.
Malia o reto das Series Mundiais o triatleta galego recordou que o de Río 2016 será o seu grande reto, polo que toda a preparación vai destinada a chegar ben á cita do próximo ano.
Relacionadas:
-
Chicago, última parada para Gómez Noya no camiño ao seu quinto título mundial
Por Redacción |
-
Gómez Noya remata segundo nas Series Mundiais de Edmonton e xa pensa na Gran Final
Por Diego Espiño |
-
Unha enfermidade pon en perigo a participación de Gómez Noya no Mundial 70.3, onde defende título
Por Redacción |
-
Javi Gómez Noya gaña en Estocolmo e queda a un paso do seu quinto Mundial
Por Redacción |
-
As ausencias en Estocolmo achegan o quinto título mundial para Javi Gómez Noya
Por Diego Espiño |
-
Recital de Gómez Noya no test olímpico de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Probar o circuíto de Río 2016, obxectivo de Gómez Noya no test olímpico
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya, pregoeiro das Festas da Peregrina
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Javi Gómez Noya é segundo en Hamburgo e mantén o liderado nas Series Mundiais
Por Redacción |