O Real Valladolid imponse (0-2) a un Pontevedra que deixa boas sensacións
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado
Boa primeira parte e máis que aceptable imaxe a que deixou o Pontevedra fronte a un rival de entidade como o Real Valladolid. Os granates atuaron o seu opoñente na primeira parte, pero caeron na segunda na que se viron superados pola superior categoría do conxunto pucelano e especialmente polo seu maior poderío no xogo por alto.
Primeiro cuarto de hora de dominio pucelano. O conxunto de Gaizka Garitano impuxo a súa maior envergadura nas accións a balón parado. A mellor ocasión visitante chegaba pronto, concretamente no minuto 10, cando un centro de Chica o remata de cabeza Caye dende moi preto, pero Edu responde nun alarde de reflexos mandando o balón a corner. Á saída dese saque de esquina de novo lócese Edu para sacar baixo paus o remate de cabeza de Ángel.
A partir do minuto 15 o Pontevedra, cun once no que non había ningunha das novas adquisicións, conseguiu equilibrar o partido, realizando boas combinacións que lle permitiron chegar á área rival con certo perigo.
Os granates tiveron a súa mellor ocasión nun pase ao espazo libre de Pablo Carnero (minuto 21). Jacobo centra e Bruno remata, pero o meta visitante logra rexeitar por dúas veces, mandando o balón á esquina.
Boa imaxe a que ofreceron os de Luisito nos primeiros 45 minutos, ante un Real Valladolid espeso e sen brillantez no seu xogo.
O carrusel de cambios que realizaron ambos os dous equipos no descanso favoreceu ao Valladolid, que pasou a dominar o partido a partir da hora de xogo, deixando sen opcións os granates, que acusaron o esforzo. Os de Pucela resolveron tras dúas xogadas a balón parado con senllos centros á área, primeiro nun remate de Juampe, a pase de Óscar, e logo por medio de Guzmán, empurrando na liña un centro de Juan Villar.
PONTEVEDRA CF (0): Edu (Lloves, min. 46); Adrián (Miguel, min. 46), Campillo, Capi (Pablo, min. 46), Bruno (Rodri, min. 76); Kevin Presa (Santi, min. 81), Pedro García (Álex Fernández, min. 46); Tubo (Miki, min. 61), Tomás (Borjas, min. 46), Jacobo (Mouriño, min. 46); e Pablo Carnero (Ramón, min. 76).
REAL VALLADOLID (2): Mariño; Chica (Óscar Arroyo, min. 72), Marcelo Silva (Juampe, min. 46), Samuel (Manuel Royo, min. 72), Juan Villar (Anuar, min. 72), André Leao (Guzmán, min. 46), Alfaro (Óscar, min. 46), Zambrano (Dani Vega, min. 72), Ángel (Hermoso, min. 72), Álvaro Rubio (Toni, min. 72) e Caye (Timor, min. 46).
Árbitro: González Sobrado (Vigo), auxiliado nas bandas por Alberto Lorenzo e Antonio Domínguez. Amoesto a Adrián, Kevin Presa, Borjas e Mouriño, polo Pontevedra, e a André Leao, Chica e Álvaro Rubio, polo Real Valladolid.
Goles: (0-1) Minuto 64: Juampe. (0-2) Minuto 72: Guzmán.
Incidencias: Estadio Municipal de Pasarón (Pontevedra). XXXIX Trofeo Cidade de Pontevedra. Uns 600 espectadores. A concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, fixo entrega aos capitáns de ambos os dous equipos dos trofeos en disputa.
Relacionadas:
-
O Pontevedra adxudícase o Luis Otero ao impoñerse ao Lugo nos penaltis (1-1)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Vitoria cómoda do Pontevedra (1-3) sobre un digno Marcón Atlético
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Lugo, rival do Pontevedra para o Luis Otero
Por Redacción |
-
Positiva estrea do Pontevedra en Redondela
Por Redacción |
-
Presentado o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Real Valladolid. O Luis Otero, no aire
Por Diego Espiño |
-
Suba de prezos nos carnés de socio para Segunda B
Por Diego Espiño |