Suba de prezos nos carnés de socio para Segunda B
Por Diego Espiño
Coincidindo co Día de Galicia, o Pontevedra Club de Fútbol quixo dar a coñecer a súa nova campaña de socios de cara á próxima campaña, na que retorna á Segunda División B, baixo o lema 'A nosa cidade, un sentimento, o teu equipo'.
Non serán os prezos dos carnés como os do último ano na categoría de bronce, pero si experimentan un lixeiro ascenso con respecto aos da pasada campaña, igualándose aos que o club fixou no seu momento para o primeiro ano en Terceira División, segundo Lupe Murillo.
A presidenta cre "que son unos precios asequibles. Los hemos mantenido bajos para hacer una buena campaña de abonados", engadiu.
Desta forma, para a categoría sénior, os abonos custarán 220 euros na bancada de Tribuna, 150 en Preferencia, 90 en Fondo Norte, 80 euros en Fondo Sur e 600 no palco de autoridades.
Os xubilados deberán desembolsar 125 euros (Tribuna), 100 (Preferencia), 70 (Norte) e 60 euros (Sur), mentres os bonificados aboarán 110, 75, 70 e 60 euros respectivamente.
Pola súa banda as peñas só poderán acceder aos fondos a un prezo reducido de 70 e 60 euros para Norte e Sur.
Para rematar o carné xuvenil fixouse en 60, 55 e 50 euros para Tribuna, Preferencia e fondos respectivamente, o infantil en 40, 35 e 30 euros e o baby en 10 euros.
Murillo tamén sinalou que non se habilitará ningún día do club, polo que "si no hay play-off está cubierta toda la liga y la pretemporada".
En canto ao prezo das entradas de público para cada encontro, fixarase por norma xeral en 16 euros para Tribuna, 12 Preferencia e 8 nos fondos (xuvenís e infantís 5 e 3 euros respectivamente), cun lixeiro incremento nalgúns partidos considerados de especial interese (18, 15 e 10 euros en cada unha das bancadas).
Os abonos poderán retirarse dende o próximo luns 27 de xullo nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas ata a disputa do encontro amigable contra o Real Valladolid do sábado 1 de agosto.
O 75 ANIVERSARIO, CONTRA O ATLÉTICO DE MADRID
Na comperecencia, a presidenta do Pontevedra desvelou que iniciaron contactos co Atlético de Madrid para que dispute o próximo ano un amigable en Pasarón coincidindo co 75 aniversario do club.
Relacionadas:
-
O Pontevedra abre a campaña de socios co prezo dos abonos conxelados
Por Manu Otero |
-
O Real Valladolid imponse (0-2) a un Pontevedra que deixa boas sensacións
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Positiva estrea do Pontevedra en Redondela
Por Redacción |
-
Presentado o Trofeo Cidade de Pontevedra ante o Real Valladolid. O Luis Otero, no aire
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra presenta a Ramón Verdú: "Todos me hablan maravillas de la ciudad y del club"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Ramón Verdú, reforzo para o lateral zurdo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Volta ao traballo con poucas caras novas e varias frontes sen pechar
Por Diego Espiño & Cristina Saiz | Creada e actualizada