Sorteado o calendario de liga en Preferente Autonómica Sur cun Marcón-Porriño na primeira xornada
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/1b6/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55b66b4f2a-dsc03404.jpg)
© Federación Galega de Fútbol
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/c72/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/55b66b8933-dsc03427.jpg)
© Federación Galega de Fútbol
Comezo complicado para Marcón Atlético e Villalonga, un pouco máis cómodo para Portonovo e Xuventú Sanxenxo e un derby, é o que deparou o sorteo do calendario de liga de Rexional Preferente, agora denominada Preferente Autonómica Sur, celebrado na tarde deste luns na Delegación da Federación Galega de Fútbol, en Santiago de Compostela.
O sorteo estivo presidido por Rafael Louzán, como presidente da Federación, acompañado polo secretario xeral Diego Batalla, con asistencia dun elevado número de representantes dos clubs participantes na categoría.
A liga dará comezo o fin de semana do 22-23 de agosto próximo, e nela o Marcón Atlético recibirá no Carrasco a visita dun incómodo Porriño Industrial, mentres o Villalonga viaxará ata A Estrada, para enfrontarse a un Estradense, nun partido entre dous claros aspirantes ao ascenso.
Pola súa banda, o Portonovo recibe en Baltar ao Mondariz, mentres o Xuventú Sanxenxo no seu regreso á categoría viaxa ata A Gándara para enfrontarse ao Caselas e o Monte dá Vila será escenario do primeiro derby comarcal do ano co partido entre USD O Grove e Céltiga.
Na segunda xornada o Marcón Atlético vaise a Vigo para enfrontarse ao Valladares, o Villalonga recibe en San Pedro ao Caselas, o Xuventú Sanxenxo xogará en Baltar de Arriba contra o Domaio, o Portonovo visita ao Gondomar, USD O Grove desprázase a Mondariz e o Céltiga xoga no Salvador Otero fronte ao Ourense (antigo ponte Ourense).
O calendario completo de Preferente Autonómica Sur pode consultarse neste enlace.