Sanxenxo despide á Solitaire du Figaro coa saída da segunda etapa
Por Redacción
Despois de tres días de descanso en Sanxenxo, a Solitaire du Fígaro abandonou este domingo o municipio pontevedrés coa saída da segunda etapa.
Esta prestixiosa regata oceánica, na que os tripulantes navegan en solitario e sn asistencia, tivo no Porto Deportivo Juan Carlos I a chegada da primeira etapa, na que se impuxo Thierry Chabagny (Gedimat), o primeiro navegante en chegar á meta tras un percorrido de 461 millas náuticas dende Burdeos.
Ante unha notable expectación, as 40 embarcacións que compoñen a competición afrontaron a saída dende Sanxenxo ás 13:00 horas nunha segunda etapa que lles levará a La Cornouaille, na Bretaña francesa.
A terceira etapa da Solitarie du Fígaro unirá La Cornouaille (Francia) e Torbay (Inglaterra) e a cuarta e última chegará a Dieppe (Francia).