O impacto económico dos eventos deportivos en Pontevedra, segundo un estudo da Universidade de Vigo
Por Redacción
O Campionato de España Máster de Natación celebrado en Pontevedra o pasado mes de febreiro produciu un retorno neto na cidade de 377.141 euros.
É o que reflicte un estudo elaborado polo equipo do Máster de Xestión Empresarial Deportiva de la Universidade de Vigo para o Concello de Pontevedra coa intención de cuantificar o impacto económico dos eventos deportivos organizados ao longo do ano no municipio.
Como exemplo tomouse este campionato, que reuniu en Pontemuiños durante 4 días a 1.270 deportistas de diferentes puntos da xeografía española,
Segundo o documento presentado este venres, o gasto medio dos deportistas inscritos foi de 278 euros, cun impacto neto diario de 94.285 euros.
Agustín Fernández, concelleiro de Deportes, explicou que "case o 60% do impacto recae en hoteis e locais de hostalería", o que reforza a súa idea de que "o sector hostaleiro ten que asumir que ten que colaborar máis", sinalou.
Os beneficios económicos son maiores en competicións como esta na que se utiliza unha infraestructira existente e non hai que asumir un canon, engadiu o concelleiro, satisfeito polo resultado da enquisa realizada entre os participantes.
Esa enquisa sinala tamén datos turísticos, como que o 63% dos deportistas participantes non visitara nunca Pontevedra ou o alto número de persoas que sinalou que lle gustaría volver nalgún momento.
En total os ingresos contabilizados polo campionato ascenderon a 401.154 euros, pero os gastos de organización foron de 24.012 euros.