Rías do Sur vibra coa primeira xornada do Campionato de España Máster
Por Mónica Patxot
Grande ambiente na piscina olímpica de Pontemuiños no arranque do Campionato de España Máster de Natación.
A competición, organizada polo Club Natación Galaico e a Federación Española de Natación, reunirá na instalación pontevedresa ata o domingo 22 de febreiro a case 1.300 deportistas de diferentes idades.
Na primeira xornada disputáronse as probas máis longas do campionato, os 800 libre masculino e feminino, na que participaron ata cinco deportistas do Galaico.
Francisco De Becerra logrou a mellor clasificación cun quinto posto na súa categoría grazas a un tempo de 12:58.27. Ademais Daniel López foi sétimo (10:14.05), Antonio López décimo (16:46.11) ao igual que María Guadalupe Pérez (16:01.01), mentres Bethan Ami Hall foi undécima na súa categoría (12:50.05).