República Checa, debut de Lucía Vázquez na Copa do Mundo
Por Redacción
Malia o escaso apoio da Federación Española, que obriga a que se custee os gastos da viaxe, Lucía Vázquez ten previsto que debuta esta fin de semana na Copa do Mundo de Cross Country na proba que se celebrará en Nove Mesto (República Checa).
A ciclista de Vilaboa, actual líder do Open de España e da Taça de Portugal, acode á cita con ilusión acompañada das súas principais rivais no panorama nacional, Anna Villar e Rocío Martín, que viaxan nas mesmas condicións.
"As tres estamos na mesma situación. A Federación Española non nos apoia e nós somos as que temos que pagarnos os gastos. Está claro que para progresar neste deporte necesitas investir moito diñeiro", sinalou a deportista pontevedresa.
O seu obxectivo no debut na Copa do Mundo é entrar entre os postos 35 e 40 para sumar puntos no ranking olímpico pero non o terá doado, xa que ao non estar en boa situación na clasificación UCI partirá atrasada na saída da proba.
A cita da República Checa chega "nun bo momento e creo que o podo facer ben", recoñece Lucía Vázquez, que a próxima semana repetirá participación en Copa do Mundo na localidade alemá de Albstadt.
Relacionadas:
-
Segunda oportunidade para Lucía Vázquez na Copa do Mundo de BTT, esta vez en Alemaña
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez vence en Fundao e consolida o seu liderado en Portugal
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez defende o liderado do Open de España cun dobre terceiro posto en Palencia
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez ponse líder no Open de España tras gañar en Vall de Lord
Por Redacción |