Obxectivo Mundial para Lúa Piñeiro
Por Redacción
Chega unha das citas máis importantes do ano para Lúa Piñeiro no seu obxectivo de lograr a clasificación para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
A taekwondista caldense encóntrase concentrada co equipo nacional no CAR de Barcelona preparando o Campionato do Mundo de Chelyabinsk, Rusia, que arranca o próximo martes 12 de maio.
Lúa buscará en Rusia puntos que lle axuden a mellorar o seu ranking olímpico nunha cita que só para os tres primeiros de cada categoría reparte 120, 72 e 43,2 puntos respectivamente.
Xunto co resto da Selección Española a deportista do Natural Sport permanecerá en Barcelona ata o sábado 9, momento no que partirán cara á localidade rusa.
Ademais de Lúas Piñeiro en -67 quilos, o equipo nacional está composto por: Jesús Tortosa (-54), Álex Falgas (-58), Joel González (-63), José Antonio Rosillo (-68), Raúl Martínez (-74), Daniel Quesada (-80), Daniel Ros (-87), Adrián Cabo (+87), Elaia Torrontegui (-46), Brigitte Yagüe (-49), Tania García (-53), Eva Calvo (-57), Marta Calvo (-62), Mariona Leyes (-73) y Rosanna Simón (+73).