A 'marea azul' inunda Pontevedra para festexar o regreso do Teucro á liga Asobal

© Diego Torrado

© Diego Torrado
Setenta anos non se cumpren todos os días e que mellor xeito que festexalo co regreso á máxima categoría do balonmán español. A SD Teucro, que chegará este luns a esa máxica cifra, xa é novo equipo de ASOBAL. En menos de 24 horas, xogadores, corpo técnico, directivos e afeccionados pasaron de certa decepción, ao non gañar ao Barcelona B e certificar na casa o seu ascenso, a desbordar toda esa alegría contida tras a derrota do Sinfín en Vigo.
E para celebralo, que mellor que reunirse na Praza do Teucro, escenario de grandes festexos na historia do club pontevedrés. Foi unha festa improvisada, cuxa convocatoria correu como a pólvora polas redes sociais. E fixo efecto. Centos de persoas achegáronse ata o corazón do centro histórico para acompañar os integrantes da SD Teucro que, seis anos despois, volverá xogar en ASOBAL.
Foi Carlos Pombo o encargado de actuar como 'speaker' nesta festa. Un a un, foi nomeando a todos os xogadores do equipo, así como aos membros do corpo técnico, encabezados por un Quique Domínguez que, afastado da contención á que nos acostumou durante toda a tempada, agradeceu o traballo de todas as persoas que contribuíron a lograr este ansiado ascenso "no ano que volvía a Pontevedra, ao meu club,".
Mentres o champaña inundaba a praza do Teucro e os cánticos de xogadores e afeccionados resoaban por todo o centro histórico, o adestrador pontevedrés -que foi manteado polo equipo- recoñeceu que "onte tería sido o día soñado" para celebrar este ascenso á máxima categoría do balonmán, pero facelo ao día seguinte "non embaza nin un pouco o traballo do ano, o contentos que estamos e a satisfacción da misión cumprida".
Pola súa banda, o presidente da SD Teucro, Carlos García-Alén afirmaba que este ascenso a ASOBAL é un "soño cumprido" e que supón "o mellor regalo de cumpreanos que poderiamos ter para noso 70 aniversario". A partir de agora, sinalou, "temos un reto" que é conseguir unha maior masa social e atraer patrocinadores para conseguir "cando antes" os recursos económicos suficientes para poder competir na máxima categoría.
"Co ascenso conseguido, creo que vai ser máis doado", augurou García-Alén, que pediu ás institucións -na celebración encontrábase, entre outros, o alcalde de Pontevedra- un maior apoio á entidade para cumprir con este obxectivo.
Neste sentido, Miguel Anxo Fernández Lores, que avanzou que o Concello de Pontevedra organizará unha recepción oficial ao equipo en próximos días, comprometeuse a "facer un esforzo" e apoiar a presenza da SD Teucro en ASOBAL "como se merece".
A SD Teucro festexa no centro histórico o seu regreso á liga ASOBAL
E para celebralo, que mellor que reunirse na Praza do Teucro, escenario de grandes festexos na historia do club pontevedrés. Foi unha festa improvisada, cuxa convocatoria correu como a pólvora polas redes sociais. E fixo efecto. Centos de persoas achegáronse ata o corazón do centro histórico para acompañar os integrantes da SD Teucro que, seis anos despois, volverá xogar en ASOBAL
© Diego Torrado
Quique Domínguez, tras o ascenso da SD Teucro a ASOBAL
Quique Domínguez, adestrador da SD Teucro
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Carlos García-Alén analiza o futuro da SD Teucro tras o ascenso a ASOBAL
Carlos García-Alén, presidente da SD Teucro
CC BY-NC-SA PontevedraViva
Relacionadas:
-
Triplete de ascensos deportivos nun 2015 para o recordo
Por Redacción |
-
O Teucro apostará pola continuidade no seu regreso a Asobal
Por Diego Espiño |
-
Despedida ligueira ante o Palma del Río para un Teucro que busca brindar un último triunfo á súa afección
Por Diego Espiño |
-
Meritorio empate en Alcobendas (25-25) dun Teucro que non cede nin co título no peto
Por Redacción |
-
O Teucro baixa á terra para afrontar un difícil desprazamento a Alcobendas
Por Diego Espiño |
-
Na busca de 100.000 euros para poder competir en Asobal
Por Diego Espiño |
-
O Teucro é de Asobal! A derrota do Sinfín en Vigo dálle o ascenso matemático
Por Redacción |
-
O ceo pode esperar: ao Teucro pésalle a responsabilidade e cede ante o Barcelona B (32-34)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |