Despedida ligueira ante o Palma del Río para un Teucro que busca brindar un último triunfo á súa afección
Por Diego Espiño
"Darle a la afición lo que no le dimos ante el Barcelona". Gonzalo Carró define o pensamento do plantel da Sociedad Deportiva Teucro ante o último partido de liga ante o Palma del Río (sábado 20:30 horas).
Os azuis completarán unha intensa xornada de balonmán da cidade xogando inmediatamente despois do segundo partido da fase de ascenso do Cisne, ante o BMC.
O conxunto teucrista desexa sorte ao seu veciño pero céntrase en despedir do mellor xeito a tempada, unha vez asegurado o ascenso, intentando chegar aos 51 puntos, o que supoñería "la segunda mejor marca de la categoría en muchos años", recoñece Quique Domínguez.
En fronte, o Palma del Río chega a Pontevedra nunha cómoda posición e "acabando francamente bien" a liga, defende o adestrador azul.
No deportivo a principal novidade será César Armán, incluído na convocatoria e que terá os seus primeiros minutos oficiais dende a súa grave lesión de xeonllo, despois de saltar á pista brevemente na semifinal da Copa Deputación.
Precisamente a final do torneo provincial, fixada para este domingo 17 de maio en Cangas (18:30 horas), centrou parte da atención da rolda de prensa previa ao último partido de liga por estar "colocada en una fecha absurda e incomprensible", declarou Domínguez.
Relacionadas:
-
O Teucro despide a liga do ascenso cun triste empate (29-29) ante Palma del Río
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
O Teucro derrota o Academia Octavio e clasifícase para a final da Copa Deputación
Por Redacción |
-
Meritorio empate en Alcobendas (25-25) dun Teucro que non cede nin co título no peto
Por Redacción |
-
A 'marea azul' inunda Pontevedra para festexar o regreso do Teucro á liga Asobal
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |