Barcelona B, rival de altura para intentar certificar o ascenso
Por Diego Espiño
Bola de partido para a Sociedade Deportiva Teucro no seu intento de certificar o ascenso á máxima categoría do balonmán nacional, a Liga Asobal.
Por primeira vez o equipo pontevedrés depende de si mesmo para ascender de xeito matemático, sen pensar no que fagan os seus rivais directos.
As contas son claras, un punto este sábado na visita da Barcelona B ao Municipal (20:00 horas) abondaría para lograr o obxectivo con dúas xornadas de marxe.
Os teucristas apostan por pechar o ascenso canto antes, pero o opoñente na primea oportunidade será de altura, o actual campión da División de Honra Prata e o "equipo que seguramente mejor está jugando", sinala Quique Domínguez.
O técnico pontevedrés cre que o filial catalán é o "mejor equipo de la segunda vuelta" pero matiza que "nosotros queremos ser el mejor del campeonato" e que sairán con "muchísimas ganas".
Quique Domínguez: "El que empiece a poner el champán en la nevera se equivoca"
Farao sabendo que o Barcelona B é un dos tres únicos equipos que xa lles venceu esta tempada, por iso Quique avisa: "El que piense que este punto ya está en el casillero se equivoca, el que empiece a poner el champán en la nevera se equivoca y quien crea que el Barcelona va a venir a no disputar el partido se equivoca más todavía".
Todos os ingredientes pois para que o espectáculo sexa maiúsculo e alicientes sobrados para que o Municipal presente o aspecto das grandes noites coa ilusión de "que al final podamos celebrar todos".
No aspecto físico a única dúbida radica no estado de García Pichel, con molestias no seu ombro dende o partido ante o Bordils, pero o xogador poderá participar no choque porque "es de esos partidos en los que no hay dolor", recoñece o seu adestrador.
O choque será arbitrado polos madrileños Muñoz Díaz e Pousada González.
Relacionadas:
-
O ceo pode esperar: ao Teucro pésalle a responsabilidade e cede ante o Barcelona B (32-34)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Na busca do ambiente das grandes citas para empurrar o Teucro ata a Asobal
Por Redacción |
-
Un só punto separa ao Teucro da gloria ao vencer (26-35) o Amenabar Zarautz
Por Redacción |