Na busca do ambiente das grandes citas para empurrar o Teucro ata a Asobal
Por Redacción
Só un punto separa á Sociedad Deportiva Teucro do ascenso matemático á máxima categoría do balonmán nacional cando restan aínda tres xornadas de liga regular.
Sería o broche a unha tempada que roza a perfección tras perder só tres partidos, un deles precisamente ante o rival que visita o próximo sábado (20:00 horas) o Pavillón Municipal dos Deportes, a Barcelona B.
Encontro complicado para o que "necesitamos más que nunca el apoyo de nuestra afición", sinala o pivote teucrista Gonzalo Carró.
Para lograr o ambiente das grandes citas e que ese punto o poñan os seguidores azuis, o club promove nas redes sociais o encontro co hastag #EncheOMunicipal e decidiu dar a posibilidade aos socios de acudir ao encontro con dous acompañantes que entrarán de balde no pavillón.
Todo por revivir o vivido a pasada tempada ante o filial catalán, con obxectivo oposto, cando na última xornada o Teucro logrou a salvación tras gañar á Barcelona, equipo que resultou campión da División de Honra Prata.
No plano deportivo, malia as molestias que arrastran algúns xogadores como García Pichel ou Dorado a súa presenza no choque non corre perigo.
Relacionadas:
-
O ceo pode esperar: ao Teucro pésalle a responsabilidade e cede ante o Barcelona B (32-34)
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |
-
Barcelona B, rival de altura para intentar certificar o ascenso
Por Diego Espiño |
-
Un só punto separa ao Teucro da gloria ao vencer (26-35) o Amenabar Zarautz
Por Redacción |