Xuventú Sanxenxo afúndese ao perder a final pola permanencia (0-3) ante o Boiro
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Era unha verdadeira final pola permanencia e perdeuna o Xuventú Sanxenxo ao que xa só un milagre parece poder salvar dun descenso que parecía moi afastado tras a gran primeira volta realizada.
Con só dous puntos conseguidos no que se leva de segunda volta e nin unha soa vitoria dende que comezou ao ano, os de Calucho quédanse agora a cinco puntos de distancia do seu verdugo deste domingo, o Boiro, que consegue respirar por fin, deixando atrás a zona de perigo e pensando mesmo en seguir escalando posicións para evitar posibles complicacións derivadas de arrastres no caso de descenso do Celta B.
Os amarelos mostráronse moi inferiores a un Boiro ao que Armental e Padín guiaron cara a unha contundente e merecida vitoria. Armental sería o autor dos dous primeiros goles, o que abría a conta ao rematar un corner lanzado por Padín.
Ambos os dous xogadores serían tamén protagonistas no segundo, nun pase interior de Padín que aproveitou Armental gañando as costas dos centrais para bater a Velay. Pasara pouco máis de media hora e o partido estaba practicamente resolto.
Aínda así, os locais puideron volver meterse no partido antes do descanso, pero Pablo Lede perdoou dentro da área. Logo, ao pouco de renaudarse o partido Padín sentenciaría co terceiro gol, nun remate que dá en Alfonso e remata facendo que o balón supere a Velay. Entre iso e a expulsión posterior de Diego González, o Sanxenxo quedouse sen capacidade de reacción, situándose a un paso de regresar á Rexional Preferente.
XUVENTÿ SANXENXO (0): Velay; Jonathan, Emilio, Alfonso, Diego Peña; Pablo Lede (Tinaia, min. 81), Guille; Dani Muradás, Nel (Diego González, min. 46), Rubén; e Ramón (Hugo, min. 67).
CD BOIRO (3): Rodri; Paco, Borja, Marcos, Suso Martínez; Gabi, Pablo Pillado (Sende, min. 79), Padín (Adrián Quintairos, min. 75); Añón, Juanma Torres (Kevin, min. 69) e Armental.
Árbitro: Alejandro del Río Amor (A Coruña), auxiliado nas bandas por ÿdgar Soto Eiroa e Ángel Acuña Piñeiro. Expulsou o xogador local Diego González (minuto 76) por dobre amoestación. Amoestou a Pablo Lede e Rubén, polos locais e a Borja e Suso Martínez, polos visitantes.
Goles: (0-1) Minuto 22: Armental. (0-2) Minuto 34: Armental. (0-3) Minuto 59: Padín.
Incidencias: Campo Municipal de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Uns 350 espectadores.
Relacionadas:
-
Xuventú Sanxenxo apura as súas posibilidades de permanencia derrotando ao Bertamiráns (3-1)
Por Redacción |
-
O Xuventú Sanxenxo agárrase á categoría a custa de sentenciar ao Laracha (2-3)
Por Redacción |
-
Cultural Areas resístese ao descenso e mete na lea o Xuventú Sanxenxo (2-0)
Por Redacción |
-
Empate entre Xuventú Sanxenxo e Silva (1-1) que non deixa contento a ninguén
Por Redacción |