O Pontevedra B roza o descenso matemático tras caer no desconto (3-2) ante Porriño Industrial
Por Redacción
Tan só tres puntos separan ao Pontevedra B do descenso matemático a falta de sete xornadas por xogar, un descenso que pode quedar certificado este mesmo domingo se os rivais que preceden ao filial granate conseguen vencer nos seus partidos.
Sexa como sexa, será un dos descensos máis temperáns das últimas tempadas, nun ano no que dende o club non se prestou a máis mínima atención á situación do filial para intentar buscalo algún remedio.
Os granates tiñan un dífícil compromiso nesta ocasión coa visita ao campo dun Porriño Industrial que segue loitando polo ascenso ou polo menos por unha das prazas de promoción, e a punto estiveron de dar a sorpresa, pero caeron no tempo de desconto, vendo como o equipo de casa lles remontaba o marcador, despois de marchar por diante a maioría do partido.
O Porriño dominou, pero non estivo acertado e sería o Pontevedra B quen se poñería por diante na súa única chegada con perigo, por medio de Corrales, mantendo a súa vantaxe ata pasada a hora de xogo, cando Estefan lograba empatar.
Logo chegarían uns minutos de loucura, con novo gol visitante, a cargo de Agus, e apuros locais, que xogaban contra o rival, o marcador e o reloxo. Víctor Besada dispón dun penalti no minuto 81, pero José logrou deter o seu lanzamento, ata que cando xa case ninguén confiaba na remontada, chegaban os goles de Edu e Miki, este no minuto 92, para facer xustiza e deixar os puntos na casa.
PORRIÿO INDUSTRIAL (3): Samu; José Giráldez, Miki, Bruno (Jimmy, min. 76), Cristóbal Domínguez, Estefan, Víctor Besada, Iván Groba, Maykel, Javi Prieto (Edu, min. 71) e Claudio Giráldez (Marcos, min. 85).
PONTEVEDRA B (2): José; Rodrigo, Iago Martínez (Guillermo, min. 66), Vilela, Brais, Corrales (Andrés, min. 65), Xurxo (Agus, min. 52), Hugo Nogueira, Adrián Martínez (Piñeiro, min. 57), Nacho e Filgueira.
Árbitro: Agustín Hernández Giadáns (Santiago), auxiliado nas bandas por David Rosende Porto e Iván Martínez Sequedo. Amoestou a Miki, Víctor Besada, Cristóbal Domínguez e Claudio Giráldez, polos locais, e a Rodrigo, Brais, Hugo Nogueira, Agus e Filgueira, polo equipo visitante.
Goles: (0-1) Minuto 17: Currais. (1-1) Minuto 62: Estefan. (1-2) Minuto 69: Agus. (2-2) Minuto 86: Edu: (3-2) Minuto 92: Miki.
Incidencias: Campo Municipal do Lourambal (O Porriño). Uns 200 espectadores.