A permanencia, máis preto para o Pontevedra Rugby Club
Por Redacción
O Pontevedra Rugby Club deixou encarrilada a permanencia na Primeira Terrirorial tras vencer de xeito contundente no partido de ida do play-off pola permanencia.
Os de Chema Fernández mostráronse moi superiores o Zalaeta Arteixo dende o asubío inicial, gañando por un claro 44-10 no partido celebrado no campo de Monte Porreiro.
Malia que a eliminatoria está case sentenciada, o PRC deberá referendar a súa boa actuación no choque de volta, previsto para dentro de dúas semanas, onde defenderá 34 puntos de renda.
FINAIS LIGA GALEGA U14
O Pontevedra Rugby Club organizou ademais a pasada fin de semana a fase final da Liga Galega U14, coa presenza dos equipos do PRC, CRAT Coruña, Campus Ourense e Univeridade de Vigo.
O CRAT conseguiu o título, equipo ante o que caeron os pontevedreses en semifinais.