Zalaeta, rival pola permanencia para o Pontevedra Rugby Club nun play-off que inicia na casa
Por Redacción
Cara ou cruz para o Pontevedra Rugby Club no play-off pola permanencia na 1ª Territorial Galega, que se inicia este domingo 29 de marzo no campo de Monte Porreiro (12:15 horas).
Tras salvarse do descenso directo na última xornada da liga regular, agora o club pontevedrés deberá superar o segundo clasificado da 2ª Territorial, o Zalaeta de Arteixo.
Trátase dunha eliminatoria a dobre partido e sen rede de seguridade, o gañador estará o próximo ano na máxima categoría do rugby galego.
Mentres o PRC chega descansado á cita tras varias semanas sen xogar, o conxunto coruñés afronta o play-off tras ceder hai poucos días na final da segunda categoría, ante o favorito Lalín (15-5).