Multitudinaria segunda edición da Ruta BTT Cidade de Pontevedra
![Diego](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/e0f/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/57c3f9decc-img-20160829-wa0030.jpg)
Por Diego Torrado
A xornada acompañaba, con tempo seco e temperatura agradable, e os amantes da bicicleta de montaña gozaron do lindo.
Aproximadamente un milleiro de ciclistas se sieron cita nunha concorrida II Ruta BTT Cidade de Pontevedra, organizada polo Club Ciclista Farto.
A Avenida Monteiro Ríos acolleu a saída e chegada dunha cita que contou con 45 quilómetros de percorrido e subida ao alto de Castiñeiras.
Conforme ían concluíndo a carreira, os participantes gozaron duns pinchos en bo ambiente na Alameda pontevedresa para compartir unha experiencia que ameaza con repetirse o próximo ano.
II Ruta BTT Cidade de Pontevedra
Preto dun milleiro de ciclistas afeccionados gozaron da proba organizada polo Club Ciclista Farto
© Diego Torrado