A Selección Arxentina Júnior fíxase no teucrista Gonzalo Carró
Por Redacción
A súa principal preocupación nestes momentos é colaborar no ascenso do Teucro á máxima categoría do balonmán nacional, pero Gonzalo Carró afronta este ano outro reto especial ilusionante.
O pivote coruñés, que posúe tamén a nacionalidade arxentina por vía paterna, está nos plans do seleccionador júnior dese país de cara ao Mundial da categoría que se disputará en Brasil do 19 de xullo ao 2 de agosto.
Carró, internacional xuvenil con España, contactou hai uns meses co adestrador do combinado arxentino, Guillermo Milano, para trasladarlle que posuía a dobre nacionalidade e que estaría disposto a competir por Arxentina.
"Se hizo con vídeos mios y rápidamente me dijo que le gustaría contar con mi presencia lo antes posible", explica o xogador teucrista, que ve esta opción "como una oportunidad para seguir creciendo como jugador".
Os compromisos ligueiros do Teucro no tramo final da División de Honra Prata impediron a Gonzalo incorporarse estes días á selección albiceleste para disputar Campionato Panaméricano, pero o propio seleccionador confirmou que "en junio estará con nosotros".
En todo este proceso xogou un papel determinante o ex-xogador teucrista Juan Bar, porteiro do combinado arxentino absoluto, como recoñeceu Guillermo Milano no programa radiofónico Handball de Primera: "Juan Bar me dio material de él y me gustó lo que vi. En función de cómo entrene estará o no en Brasil pero a priori es un pivote interesante. Puede aportarnos mucho. Nos permite dar un salto, sobre todo, en lo físico", declarou o seleccionador júnior arxentino.
Relacionadas:
-
Arxentina espera a incorporación do teucrista Gonzalo Carró en plena preparación do Mundial Júnior
Por Redacción |
-
O Teucro visita a cancha de La Roca cun só pensamento: "No podemos fallar ahora"
Por Diego Espiño |
-
Traballo de despacho no Teucro pensando no posible ascenso a Asobal
Por Diego Espiño |
-
Dez minutos abondan ao Teucro para dar conta dun frouxo Barakaldo (32-20) nun partido cómodo
Por Ramiro Espiño & Diego Torrado |