Un gran gol de ÿscar Guimeráns devolve ao Ribadumia á loita polo cuarto posto derrotando (1-0) ao ÿrdenes
Por Redacción
Despois de catro xornadas sen gañar, o Ribadumia volve á senda do triunfo ao impoñerse ao ÿrdenes nun partido entre rivais directos na loita polo cuarto posto. Un excelente gol conseguido por ÿscar Guimeráns resolveu un partido en que, sen estar ao seu mellor nivel, os locais foron superiores e máis ambiciosos que un ÿrdenes que se limitou a defender a súa parcela, sen crear apenas perigo ante a meta de Javi Sánchez.
Pronto tivo o equipo aurinegro a súa primeira ocasión. Apenas transcorrera un minuto de xogo cando Changui non aproveitou un centro de Ismael. Os visitantes unicamente chegaban en accións a balón parado, mentres os de Gabi Leis puideron marcar por medio de ÿscar Guimeráns ao fío do descanso.
Precisamente ÿscar Guimeráns sería quen resolvera o partido, cun gran disparo dende o vértice da área. Quedaba media hora de partido, pero o ÿrdenes foi incapaz de levar perigo serio á área dun Ribadumia, que puido sentenciar nunha nova oportunidade a cargo de Sylla.
Ao final, tres importantes puntos que ademais igualan o parcial entre ambos os dous equipos e que sitúan aos de Gabi Leis a un só punto do Arosa.
CD RIBADUMIA (1): Javi Sánchez; Nelo, Miguel, Arán, ÿscar Río, Sidibé, Álex Gómez (Martín, min. 74), ÿscar Guimeráns (Adrián Padrón, min. 84), Sylla, Ismael (Adrián Padín, min. 65) e Changui.
ÿRDENES SD (0): Dani; Callón, Cabrejo, David Rey, Torres, Álvaro (Martín, min. 65), Julián, Álex Blanco, Ángel, Souto e Nacho.
Árbitro: Julioo José Martínez Barral (Santiago), auxiliado nas bandas por Alberto Zas Varela e Gustavo Vidal Fonseca. Amoestou a Nelo, ÿscar Río, Álex Gómez e Changui, polo Ribadumia, e a Callón, Nacho e Álex Blanco, polo conxunto visitante.
Goles: (1-0) Minuto 58: ÿscar Guimeráns.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 250 espectadores.
Relacionadas:
-
O Racing Villalbés únese á festa ao impoñerse o Ribadumia (0-2) na Senra
Por Redacción |
-
Un golazo de ÿscar Río abre o camiño do triunfo do Ribadumia (0-2) e deixa moi tocado o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Excesivo castigo para o Ribadumia superado polo Deportivo B (0-3) con Marcos Remeseiro de estrela
Por Redacción |
-
O Ribadumia estrélase co longueiro e o barro en Ribadeo (2-1)
Por Redacción |