O Racing Villalbés únese á festa ao impoñerse o Ribadumia (0-2) na Senra
Por Redacción
Un máis que se une ao nutrido pelotón de equipos que loitan pola cuarta e última praza de play-off. O Rácing Villalbés súmase á festa tras impoñerse ao Ribadumia na Senra, nun partido marcado polo forte vento que dificultou o xogo de ambos os dous equipos, e a ordenada e eficaz defensa do equipo de ÿscar Gilsanz.
Os visitantes, que fixeron un bo partido, adiantáronse pronto no marcador, cun remate de Make dende a frontal, que sorprende a Javi Sánchez. O Ribadumia intentou reaccionar, cun fútbol directo en busca de Changui, e tivo a súa oportunidade nun disparo que rematou no longueiro.
O segundo tempo foi de dominio local, pero con pouco perigo ante a boa defensa dun Rácing Villalbés que esperaba a súa oportunidade para sentenciar a contra. Conseguiuno a falta dun minuto para o final, cun gol de Poratti en xogada de Make, apeando aos de Gabi Leis das prazas de play-off.
CD RIBADUMIA (0): Javi Sánchez; Pacheco (Fran Matos, min. 69), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Arán (Martín Barreiro, min. 74), ÿscar Guimeráns, Sidibé, Álex Gómez, Nelo, Changui e David Pérez (Adrián Padin, min. 56).
RÁCING VILLALBÿS (2): Viuski; Dani, Álex, Xusto, Roberto, Hugo, Poratti, Make, Rubén Pardo (Iván González, min. 78), Justino (Pablo Vivero, min. 70) e Villares (López, min. 89).
Árbitro: Francisco Xabier Rodríguez Campos (A Coruña), auxiliado nas bandas por Eric Vázquez Veiras e Manuel Casanova Vázquez. Amoestou Alex Gómez del Ribadumia e Dani, Álex e Rubén Pardo del Racing Villalbés.
Goles: (0-1) Minuto 10: Make. (0-2) Minuto 89: Poratti.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 200 espectadores.
Relacionadas:
-
Cultural Areas amárgalle a tarde a un Ribadumia negado no remate (0-1)
Por Ramiro Espiño |
-
O Silva remonta e toma aire (2-1) a custa dun Ribadumia que cede terreo
Por Redacción |
-
Un golazo de ÿscar Río abre o camiño do triunfo do Ribadumia (0-2) e deixa moi tocado o Xuventú Sanxenxo
Por Redacción |
-
Un gran gol de ÿscar Guimeráns devolve ao Ribadumia á loita polo cuarto posto derrotando (1-0) ao ÿrdenes
Por Redacción |