Excesivo castigo para o Ribadumia superado polo Deportivo B (0-3) con Marcos Remeseiro de estrela
Por Redacción
Loitou ata o final o Ribadumia, que mereceu mellor sorte pero caeu goleado ás mans dun Deportivo B que tivo en Marcos Remeseiro (autor dos tres goles do seu equipo) ao seu brazo executor, pero que debeu esperar ata os minutos finais para certificar unha vitoria que se lle puido complicar de ter acertado Changui a transformar un penalti con 2-0 no marcador.
O primeiro gol coruñés chegaba cando o primeiro tempo estaba a punto de finalizar, ao transformar Marcos Remeseiro un penalti. Logo, na segunda parte, o filial deportivista botouse atrás defendendo a súa renda e esperando unha contra coa que sentenciar o partido. Encontrouna a falta de 10 minutos para o final, cando de novo Remeseiro marcaba un bonito gol, cheo de calidade, ao elevar o balón sobre Javi Sánchez.
Pouco despois os locais puideron meterse de novo no partido, pero Changui non acertou a bater a David dende os once metros. O fallo do penalti deu paso á puntilla, co terceiro gol visitante, obra de novo de Remeseiro a pase de Francis, rubricando un castigo excesivo para o equipo de Gabi Leis, que se afasta dos postos de honra.
CD RIBADUMIA (0): Javi Sánchez; Pacheco (Adrián Padrón, min. 70), ÿscar Río, Miguel Vázquez, Arán, ÿscar Guimeráns, Sidibé, Álex Gómez, Sylla (David Pérez, min. 69), Changui e Ismael (Bisti, min. 55).
RC DEPORTIVO B (3): David; Toni, Iago López, Róber, Adrián Martínez, Samuel Piette, Álvaro Queijeiro (Santi Taboada, min. 85), Ángel (Juan, min. 79), Marcos Remeseiro, Cardoso e Álex Pérez (Francis, min. 72).
Árbitro: Iván Abel Bruzos (Lugo), auxiliado nas bandas por Rubén León Casal e Denís Seijas Rodríguez. Amoestou a Miguel Vázquez, Bisti e David Pérez del Ribadumia e a Marcos Remeseiro e Álvaro Queijeiro del Deportivo B.
Goles: (0-1) Minuto 44: Marcos Remeseiro, de penalti. (0-2) Minuto 80: Marcos Remeseiro. (0-3) Minuto 85: Marcos Remeseiro.
Incidencias: Campo Municipal da Senra (Ribadumia). Uns 200 espectadores.