O Portonovo déixase o liderado ante o Valladares (3-2)
Por Redacción
Un gol no tempo de desconto de Enrique para o Valladares certificou a derrota dun Portonovo (3-2) que cae á segunda praza da clasificación.
Os arlequinados comezaron ben o choque, o que permitiu a Hugo Soto facer o 0-1 aos 26 minutos de xogo.
Así se chegou ao descanso, pero na reanudación Breixo igualaba para o Valladares. O Portonovo non acusou o golpe e Iván Renda no 65 volvía poñer en vantaxe o seu equipo.
Os locais lanzáronse entón a pola remontada, que chegaría primeiro co gol de ÿscar e despois co tanto de Enrique no 94.
Malia a derrota o Portonovo mantén tres puntos de vantaxe sobre a terceira praza que ocupa o Verín.
CD VALLADARES (3): Adrián, Enrique, Diego (Tomás, min.66), Breixo, Miguel, Canella (ÿscar, min.66), Marcos, Luis, Ramilo (Calado, min.78), Gonzalo, Carlos.
PORTONOVO SD (2): Dani, Agra, Gándara, Iván Renda, Suso Bea, Brian (Víctor, min.65), Berto (Álex Cubas, min.45), Diego, Hugo Soto (Manu Sieiro, min.76), Nacho, Luis Alberto (Aarón, min.81).
Árbitro: Gil Soriano. Amoestou a Diego e Enrique no Valladares e a Gándara, Suso Bea e Iván Renda no Portonovo, ademáis de expulsar ao seu adestrador Luis Oliveira (min.50).
Goles: 0-1 Hugo Soto (min.26), 1-1 Breixo (min.47), 1-2 Iván Renda (min.65), 2-2 ÿscar (min.72), 3-2 Enrique (min.94).
Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara.