Cita coa mellor ximnasia acrobática na Raña
Por Diego Espiño
O Pavillón da Raña, en Marín, acolle este sábado 28 de febreiro dúas importantes citas de ximnasia acrobática coa Copa de España e a Copa Galicia.
Dende as 9:00 da mañá e ata as 21:00 horas 170 ximnastas darán o mellor de si en "un espectáculo que va a gustar", asegura o seleccionador nacional Pablo Hinojar.
Por iso Hinojar, presidente ademais do Club Ximnasia Pontevedra, anima "a que todo el mundo se acerque a verlo".
A entrada ao recinto será de balde para unha competición na que se envorcou o Club In Mare de Marín e que está destinada a deportistas dende a idade alevín ata os sénior.
O nivel participativo será importante posto que será a primeira das citas das que sairá o equipo nacional para o próximo Campionato de Europa, prazas ás que optan os ximnastas xuvenís, júnior e sénior.
Na presentación do evento estivo presente tamén o presidente da Federación Galega, José Manuel Estévez, e o concelleiro de Deportes de Marín, Antonio Traba.