Erguerse tras dúas derrotas consecutivas, necesidade para o Arxil en Valladolid
Por Redacción
Por primeira vez na tempada o Club Baloncesto Arxil encadeou dúas derrotas consecutivas, de xeito apertado na cancha do Ensino, líder do grupo, e na casa ante o Aros León.
Malia iso no seo do club pontevedrés móstranse tranquilos convencidos de reverter esta situación vencendo o próximo sábado a domicilio ao Universidad de Valladolid (18:30 horas).
As verdes aínda se manteñen en zona de play-off con dous triunfos de renda sobre a quinta praza que ocupa o Celta.
Ademais o equipo vigués enfrontarase esta xornada ao Cortegada, cuarto clasificado empatado co Arxil.
ÿ por iso que un triunfo en Valladolid podería supoñer, ademais de superar o mal momento, deixar encarrilada a presenza das de Mayte Méndez na fase de ascenso.
Un obxectivo que xa se pon abertamente o club, aínda que Méndez pon un punto de prudencia: "Ata que matematicamente esteamos clasificados, non nos imos facer ilusións nin imos realizar nada. Pero hai moita ilusión por conseguilo e seria un gran premio para referendar 30 anos de historia e 13 anos de traxectoria en Liga Feminina 2", declarou a adestradora arxilista nunha entrevista recollida pola páxina web da Federación Española de Baloncesto.