Victoria con polémica do Arosa (3-0) sobre o Barbadás para meterse en postos de play-off
Por Redacción
Sufriu o Arosa para impoñerse ao Barbadás e fíxoo nun partido con polémica debido ao primeiro gol, que abría o camiño aos locais, conseguido por Rivas nos primeiros minutos do segundo tempo. O árbitro desautorizou un dos seus asistentes, que levantou a bandeirola por suposto fóra de xogo na xogada, o que desencadeou o enfado e as protestas do Barbadás, que remataron coa expulsión do porteiro Berto e o técnico Peluso.
Ata ese instante a orde do conxunto ourensano impúxose, controlando o partido e tendo mesmo opcións para adiantarse no marcador, especialmente nunha ocasión de Breogán Pereiro que salvou Lucas. O Arosa tivo a súa grande ocasión no minuto 32, cando Oli derruba Capelo dentro da área. O claro penalti lanzouno Adrián Camiño, pero Berto conseguiu deter.
Pero Adrián Camiño desquitaríase no segundo tempo, tras a polémica xogada que adiantou aos de Piscis, sentenciando o partido, primeiro cun gol olímpico e logo co terceiro e definitivo, culminando un contraataque en xogada de Quique Cubas, para erguerse ata o terceiro posto da táboa.
AROSA SC (3): Lucas; Santi, Álex Freire, Martín, Juan Rodríguez, Rivas, Eloy, Esteban Capelo (Juanito, min. 65), Quique Cubas (Nano, min.87), Adrián Camiño (Pablo Vázquez, min. 74) e Iago Pérez.
UD BARBADÁS (0): Berto; Oli, Alfredo, Iago Quintairos, Vieytes, Nacho Currás, Isi (Aitor, min. 58), Moisés (Jorge de Dios, min. 74), Hugo, Breogán e Alberto (Rubén Arce, min. 46).
Árbitro: Héctor Castiñeira Blanco (A Coruña), auxiliado nas bandas por Manuel Casanova Vázquez e Jorge Rodríguez Penas. Expulsou con vermello directo o porteiro visitante, Berto e ao adestrador Perfecto Rodríguez (minuto 57). Amoestou a Iago Pérez e Juan Rodríguez, polo Arosa, e a Oli, Breogán e Hugo, polo Barbadás.
Goles: (1-0) Minuto 52: Rivas. (2-0) Minuto 70: Adrián Camiño. (3-0) Minuto 80: Adrián Camiño.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 600 espectadores.
Relacionadas:
-
En inferioridade o ÿrdenes golea (4-0) a un Arosa irrecoñecible
Por Redacción |
-
O Arosa fíxase no Deportivo e presenta unha segunda equipación coa bandeira de Galicia
Por Redacción |
-
A falta de puntaría lastra o Arosa (0-0) na súa visita ao Bertamiráns
Por Redacción |
-
O Arosa presenta a súa candidatura tras impoñerse (2-0) ao Laracha
Por Redacción |