O Arosa fíxase no Deportivo e presenta unha segunda equipación coa bandeira de Galicia
Por Redacción
O Arosa deu a coñecer este martes a que será a súa nova segunda equipación, baseada na bandeira de Galicia.
Se trata dunha camisola suplente que inspirada na idea que puxo en práctica o Deportivo e que incluirá a frase "Nunca camiñarás só".
Nos case 70 anos de historia do Arosa nunca se apostara por estas cores para a segunda equipación.
Segundo informa o club vilagarciano os afeccionados poderán conseguir unha destas elásticas por só 27 euros se a solicitan antes das 21:00 horas deste xoves, 26 de febreiro, chamando o 986 504 860 ou a través do correo electrónico arosascredesweb@gmail.com co talle e o número que se desexe incluír nas costas.
Os talles dispoñibles son a S, M, L, XL e XXL para adultos e 4, 6, 8, 10, 12, 14 e 16 para nenos.