En inferioridade o ÿrdenes golea (4-0) a un Arosa irrecoñecible
Por Redacción
Un Arosa irrecoñecible caeu con estrépito en Vista Alegre fronte a un ÿrdenes que xogou case unha hora en inferioridade numérica pola temperá expulsión da súa defensa Cea, e que presenta as súas credenciais como serio candidato ás prazas de play-off de ascenso.
Os de Nacho Pacios saíron convencidos das súas posibilidades, cun fútbol vertical e agresivo que nunca foi capaz de contrarrestar o equipo adestrado por Piscis.
As opcións locais víronse comprometidas cando Cea vía a segunda amarela pouco despois da media hora, pero nin así reaccionou o Arosa, que encaixaba o primeiro gol antes do descanso, obra de Nacho, ao aproveitar un rexeitamento.
Logo, ao pouco de continuarse o partido tras o descanso, Álex Blanco facía o segundo nun penalti para sentenciar apenas uns minutos máis tarde por medio de Julián.
Co Arosa entregado á súa sorte, Nacho pechaba a dolorosa goleada que permite ao ÿrdenes meter a cabeza entre os catro primeiros, desprazando o Arosa desa posición.
ÿRDENES SD (4): Dani; Callón (Rendo, min. 89), Cabrejo, Jesús Torres, David Rey, Cea, Nacho, Julián, Álex Blanco (Álvaro, min. 50), Ángel e Souto (Martín, min. 87).
AROSA SC (0): Lucas; Santi, Álex Freire, Martín, Juan Rodríguez (Nando, min. 54), Rivas (Nano, min. 82), Eloy (Pablo, min. 62), Esteban Capelo, Quique Cubas, Adrián Camiño e Yago Pérez.
Árbitro: José Antonio Fernandez Rodríguez (Ourense), auxiliado nas bandas por José Daniel Rodicio González e Juan Francisco Queija Domínguez. Expulsou por dobre amoestación o xogador local Cea (minuto 35). Amoestou os visitantes Quique Cubas, Álex Freire, Nando, Martín e Nano.
Goles: (1-0) Minuto 42: Nacho. (2-0) Minuto 50: Álex Blanco, de penalti. (3-0) Minuto 54: Julián. (4-0) Minuto 73: Nacho.
Incidencias: Campo Municipal de Vista Alegre (Ordes). Uns 300 espectadores.
Relacionadas:
-
Grave tropezo do Arosa que cae (0-2) ante un serio Rápido de Bouzas
Por Redacción |
-
O Arosa deixa escapar en dous minutos un partido que tiña case gañado ante o Choco (2-2)
Por Redacción |
-
O Arosa fíxase no Deportivo e presenta unha segunda equipación coa bandeira de Galicia
Por Redacción |
-
Victoria con polémica do Arosa (3-0) sobre o Barbadás para meterse en postos de play-off
Por Redacción |