O Leis feminino cae derrotado ante o Ciudad de Alcorcón (2-4) nun partido aberto
Por Redacción
Deu a cara o Leis Pontevedra na visita do cuarto clasificado da Segunda División Feminina, o Ciudad de Alcorcón, pero terminou cedendo nos últimos 10 minutos de partido (2-4).
As madrileñas adiantáronse en dúas ocasións, ao comezo de cada unha das partes, por medio de Alba Aguilar (minuto 2) e Sandra Rivera (minuto 22), pero o Leis non se veu abaixo contrarrestando con dianas de Anita antes do descanso (minuto 14) e Patri no 24.
Tralo 2-2 o partido estaba máis aberto que nunca e os dous equipos lanzáronse a polo triunfo. Entón decidiu a maior pegada do Alcorcón.
As locais fallaron as súas ocasións e Elsa no 30 e Alba Aguilar no 34 non perdoaron para certificar o triunfo visitante.
O Leis segue na última posición con tres puntos, a catro do Fisiober.
LEIS PONTEVEDRA FS (2): Tami, Ali, Anita (1), Carmen, Mar -cinco inicial- Bea, Patri (1), Marta Casalderrey, Jessy, Marta, Sofi, Bibi.
ALCORCÿN FSF (4): Marta, Sandra Rivera (1), Alba Aguilar (2), Houda, Raquel Mena -cinco inicial- Ana del Río, Cristina Romero, Sheila Martín, Leticia Rivera, Elsa Echarri (1).
Incidencias: Partido disputado no pavillón da Cidade Infantil Príncipe Felipe de Pontevedra.