Dura derrota do Leis feminino en Leganés (12-2)
Por Redacción
Era un dos desprazamentos máis difíciles da tempada e as cousas non saíron ben para o Leis Pontevedra.
O Leganés, líder do seu grupo na Segunda División Feminina, dominou o choque dende o inicio ante un conxunto pontevedrés escaso de efectivos.
Aos cinco minutos de partido as madrileñas xa mandaban por 3-0, e aínda que tras ese inicio trepidante baixarían o ritmo permitindo que o Leis recortase distancias, non lles deron opción encarrilando o choque no tempo de descanso (6-1).
O guión repetiuse no segundo acto ata rendondear o 12-2 final que mantén as pontevedresas na última posición con 3 puntos.
LEGANÿS MASDEPORTE (12): Marta Balbuena, Aida (2), Marta, Sara (3), Sheila (1) -cinco inicial- Marina (1), Alejandra (1), Laura (1), Esther (2), Patricia (1), Mireya, Andrea.
LEIS PONTEVEDRA FS (2): Tami, Jessy (1), Ali (1), Bea, Mar -cinco inicial- Patri, Álex, Marta.