Os taekwondistas pontevedreses afrontan en Cartaxena o Campionato de España Sénior de combate
Por Redacción
Cita importante para os taekwondistas pontevedreses no Campionato de España Sénior de Combate, que se disputará este sábado 14 de febreiro en Cartaxena.
Alí acudirá unha selección galega composta por 25 deportistas entre os que se encontran representantes do Mace Sport de Pontevedra e o Mat's de Marín.
A representación do Mace Sport compóñena Miguel Cortegoso (58 quilos), Rubén Simón (63 quilos), Xián Silva (74 quilos) e Sara Cortegoso (-46 quilos), mentres polo Mat's comparecerán na localidade murciana Pablo Fernández (-87 quilos) e Katia Calvar (-67 quilos).
Ademais competirán no Nacional o pontevedrés do Hebe Borja Ríos (54 quilos) e a caldense do Natural Sport Lúa Piñeiro (-67 quilos).
A competición, que reunirá 250 deportistas, conta co aliciente de ser clasificatoria para o Campionato do Mundo que este ano se celebrará en Rusia.
Relacionadas:
-
Lúa Piñeiro, Katya Calvar e Xián Silva, medallistas no Campionato de España Sénior de taekwondo
Por Redacción |
-
Mace Sport, Taekanart e Mat's, protagonistas nos campionatos galegos cadete e sub-21 de taekwondo
Por Redacción |
-
Lúa Piñeiro, Javier González e Sara Cortegoso, medallistas no Open de Grecia de taekwondo
Por Redacción |