A 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail' achégase aos 400 inscritos a dous meses da súa primeira edición
Por Redacción
A primeira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail Desafío Rías Baixas vai camiño de congregar un importante número de deportistas nas súas diferentes modalidades.
A dous meses de que se peche o período de incripción, aberto ata o 4 de abril, foron xa 370 os deportistas que se anotaron ao evento.
Ata o momento a maior demanda céntrase na modalidade de BTT de ultrafondo, con 120 quilómetros de percorrido e máis de 3.000 metros de desnivel con ascensión aos picos de Castiñeiras, A Fracha, Pontillón do Castro e A Escusa.
A proba estrela roza os 300 inscritos, mentres a versión reducida de 65 quilómetros e dúas ascensións (Castiñeiras e A Fracha) supera o medio centenar de confirmados.
Menos tirón tivo por agora a modalidade de Trail, de 15 ou 30 quilómetros, pero espérase un maior pico de anotación conforme se achegue a data do evento.
A Pontevedra 4 Picos celebrarase o domingo 19 de abril con saída e chegada na Illa das Esculturas.
As bases do evento e requisitos para a inscrición poden consultarse na web www.globaldxt.com.
Relacionadas:
-
A 'Pontevedra 4 Picos Bike & Trail' estréase ao grande
Por Diego Torrado |
-
Éxito de inscrición na primeira edición da Pontevedra 4 Picos Bike & Trail
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra aposta polo BTT cun calendario anual de catro probas
Por Diego Espiño |
-
Nace unha nova proba deportiva na cidade: a Pontevedra 4 Picos Bike & Trail
Por Diego Espiño |