Dobre medalla de bronce para Bea Gómez no Meeting de Luxemburgo
Por Diego Espiño
Boas sensacións para Bea Gómez Cortés na súa primeira competición internacional da tempada en piscina longa, o 17 Luxemburgo Euro-Meet celebrado durante a fin de semana.
Malia que as marcas non se achegan ás mellores de cada nadadora ao ser aínda período de preparación, a pontevedresa competiu a bo nivel ante rivais de altura, como a española Mireia Belmonte ou a húngara Zsuzsanna Jakabos.
Con ambas as dúas deportistas subiu Bea ao podio nas probas de 200 e 400 metros estilos, nas que logrou senllas medallas de bronce.
Nos 200 estilos a nadadora do Galaico logrou un tempo de 2:17.12, polos 2:15.63 de Jakabos e os 2:15.29 de Belmonte, que finalizou primeira.
Esta orde variou nos 400 estilos, con Jakabos primeiro (4:43.02), Belmonte segunda (4:43.14) e Bea Gómez terceira, cunha marca de 4:45.03.
Ademais a pontevedresa foi cuarta nos 800 libre (8:40.08) e décimo quinta nos 200 libre (2:04.24).
Xunto a ela, dentro do equipo nacional absoluto, estivo tamén a ribeirense María Vilas, sendo os seus mellores resultados dous quintos postos nos 400 estilos e os 800 libre.
Relacionadas:
-
A hora da verdade para Bea Gómez
Por Diego Espiño |
-
Unha prata e un bronce, balance de Bea Gómez no Meeting de Marsella
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez, convocada para participar co equipo nacional no Open Mediterranée de Marsella
Por Redacción |
-
As nadadoras do Galaico proclámanse subcampioas de España de longa distancia
Por Redacción |
-
Bea Gómez estrea o seu calendario internacional no Meeting de Luxemburgo
Por Redacción |