Bea Gómez, convocada para participar co equipo nacional no Open Mediterranée de Marsella
Por Redacción
Bea Gómez Cortés afina a súa preparación de cara ao primeiro grande obxectivo do ano, o Campionato de España Open que terá lugar en Málaga do 28 ao 31 de marzo.
Alí a nadadora pontevedresa deberá lograr as marcas mínimas esixidas para clasificarse para o Campionato do Mundo de Kazán (Rusia), gran cita do ano na natación internacional.
Por ese motivo a deportista do Club Natación Galaico segue concentrada na súa posta a punto, que inclúe de novo unha cita internacional de nivel.
Bea Gómez, ao igual que a ribeirense María Vilas, foi incluída no equipo nacional que acudirá a próxima fin de semana ao IV Meeting Open Mediterranée.
A cita celebrarase do 6 ao 8 de marzo na localidade francesa de Marsella cun intenso programa para a pontevedresa.
Bea nadará no Mediterranée os 200 e 400 estilos, os 200 braza e os 100, 400 e 800 libre.