Díficil compromiso para o Poio FS coa visita do Cidade dás Burgas
Por Redacción
Penúltima xornada da primeira volta para o Poio FS, que recibe a visita do segundo clasificado, o Cidade dás Burgas (sábado, 18:30 horas, na Seca) un vello coñecido do club rojillo co que xa disputou derbis en liga autonómica, en segunda división e agora na máxima categoría.
As ourensanas están a realizar unha primeira volta espectacular e encóntrase segundo, despois de quedar eliminadas esta semana en semifinais da copa Xunta ante o Burela, por un axustado 1-2.
O equipo dirixido por Manolo Codeso é unha mestura de veteranía e xuventude onde destacan as internacionais Iria Saeta e Vane, que recentemente disputaron o mundial en Costa Rica, se ben a primeira é dúbida por unha lesión sufrida no partido ante o Majadahonda. Destacan tamén nas súas filas a internacional Lucia Nespereira e a eterna capitá Sonia Pacios.
Por parte do equipo que adestra Morenín todas as xogadoras están dispoñibles a excepción de Zulú. Nerea Moldes xa disputou un importante número de minutos ante o Burela, con boas sensacións, e o técnico rojillo espera non cometer os erros defensivos do sábado en Lugo, consciente de que para gañar é importante a máxima concentración.
As convocadas para este partido son: Silvia e Irene en portaría, Charo, Elena, Jenny, Pomba, Souza, Yoly, Nere Moldes, Tania e Claudia.