Un gol de Diego no desconto permite respirar ao Pontevedra B (2-1) fronte ao Erizana
Por Redacción
Final de infarto. nun partido entre rivais directos pola permanencia, o Pontevedra B conseguiu impoñerse grazas a un gol de Diego, que acababa de ingresar no terreo de xogo, pouco despois do cal o Erizana desperdiciase un penalti cometido por Daniel, que lle custou a segunda amarela e a expulsión. Jose Soto encargouse de deter, resultando lesionado na acción.
Do que podía ter sido un grave 1-2 pasouse ao 2-1 e á vitoria do filial granate, que xogou case todo o segundo tempo en superioridade, ao ser expulsado o visitante Entenza, nun partido marcado pola intensidade e a agresividade nas accións ante o moito que se xogaban ambos os dous contendentes.
Os de Baiona adiantáronse pronto, por medio de Miguel, pero Brais conseguía a igualada antes de cumprirse a media hora de xogo. Logo habería ocasións para ambos os dous, ata ese emocionante desenlace final.
PONTEVEDRA B (2): Jose Soto (Álex Sánchez, min. 89); Daniel, Yago (Corrales, min. 26), Brais, Álex Hernández (Adán, min. 26), Hugo, Miranda, Manuel (Diego, min. 89), David, Agustín e Andrés (Xurxo, min. 70).
ERIZANA CF (1): Comesaña; Ricardo (Facun, min. 59), Alejandro (Iván, min. 73), Abraham, Pablo Sancho, Entenza, Cabral, Miguel (Antón, min. 73), Bastero, Borja e Marcos (Daniel, min. 55).
Árbitro: Álvaro Valín González (Lugo). Expulsou con vermello directo o visitante Entenza (minuto 44) e por dobre amarela ao local Daniel (minuto 86). Amoestou a Agustín, Diego e Corrales, polos pontevedreses, e a Miguel, Daniel, Pablo e Pablo Sánchez, polo Erizana.
Goles: (0-1) Minuto 14: Miguel. (1-1) Minuto 28: Brais. (2-1) Minuto 89: Diego.
Incidencias: Sintético da Xunqueira (Pontevedra). Uns 100 espectadores.