Nova derrota (2-5) dun Leis masculino ao que se lle resiste o seu primeiro triunfo en liga
Por Redacción
Segue sen gañar o equipo masculino do Leis 26 tras o seu ascenso a Segunda División B.
Os pontevedreses buscárono na visita do Lousas Los Tres Cuñados ao Municipal, pero remataron cedendo por un contundente 2-5.
Empezaron dominando os de Manu Cossío, que non acertaron ante a meta rival e o pagaron en forma de dous goles visitantes antes do descanso.
No inicio da segunda parte Álex recortaba distancias abrindo o partido. Aproveitouse Bruno para poñer o 1-3 pero de novo o Leis apertaba as cousas cun gol de Agus.
Cando máis o intentaban os pontevedreses, xogando de cinco, chegaría a sentenza dos visitantes.
Tras sete xornadas o Leis é undécimo con dous puntos.
LEIS PONTEVEDRA (2): Rubén, Carlos, Gus, Pablo, Álex -cinco inicial- Daniel, Sergio, Barcala, Pocho, Gabi, Néstor.
PIZARRAS LOS TRES CUÿADOS (5): Maelo, Bruno, Jairo, Javi, Daniel -cinco inicial- Vedo, Dilín, Kevin, Diego.
Goles: 0-1 Bruno (min.16), 0-2 Dilín (min.19), 1-2 Álex (min.22), 1-3 Bruno (min.33), 2-3 Gus (min.35), 2-4 David (min.39), 2-5 Dilín (min.39).