Robertas Geralavicius vence nun animado Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción
1:07:25 foi o tempo que levou ao gañador do Medio Maratón de Pontevedra, Robertas Geralavicius, percorrer o circuíto de 10 quilómetros que transcorreu pola zona urbana e centro histórico da cidade na décimo novena edición desta proba deportiva que contou coa participación de 1.355 atletas, segundo os datos facilitados pola organización.
Geralavicius, atleta da Sociedad Gimnástica afincado en Santiago de Compostela, lograba vencer por tan só tres segundos ao lucense Manuel Hurtado. O terceiro clasificado foi o pontevedrés Pablo Miguel García cun rexistro de 1:08:42.
Na categoría feminina, a vitoria levouna a tudense Leticia Fernández cun tempo de 1:20:17, por diante de Sara Pérez e Carmen Penas.
Como dato anecdótico, a saída da proba correu a cargo do concelleiro de deportes, Agustín Fernández, que escusou a presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, por motivos médicos. Durante a proba non faltaron imaxes simpáticas dalgúns dos participantes.
Relacionadas:
-
Abre a inscrición para o XX Medio Maratón Cidade de Pontevedra
Por Redacción |
-
O Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra entrega os seus premios nunha gala
Por Redacción |
-
Abre o prazo para inscribirse na tradicional carreira de San Silvestre de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Haberá terceira edición do Circuíto de Carreiras Populares de Pontevedra en 2015
Por Diego Espiño |
-
O Medio Maratón de Pontevedra pecha a súa inscrición con 1.636 atletas confirmados
Por Diego Espiño |
-
A tiro o record de participación do Medio Maratón de Pontevedra
Por Redacción |