Derrota do Leis (2-4) ante o Bembrive nun ensaio da estrea ligueira
Por Redacción
O Leis Pontevedra saíu derrotado do seu último encontro na fase de grupo da Copa Xunta, ante o Bembrive vigués (2-4).
O encontro supuxo un ensaio para ambos os dous conxuntos de cara ao debut ligueiro do día 11 de outubro, no que se volverán cruzar tras o ascenso do Leis a Segunda B.
Os pontevedreses adiantáronse no marcador por medio de Martín, tras un rápido saque de falta de Raúl Jiménez nuns minutos de bo xogo para os de Manu Cossío.
Non obstante o conxunto lerezano non puido conter o actual subcampión do Grupo I da Segunda B, que pronto puxo as táboas e se fixo co control do xogo, chegando en vantaxe (1-2) ao descanso.
Na segunda metade o Leis saíu disposto a remontar e as ocasións comezaron a sucederse. Os pontevedreses empataron cun gol de Carlos, pero o Bembrive gozou de maior contundencia nos últimos minutos para decidir o marcador con dous novos tantos.