Volve a Primeira División de Fútbol Sala a Poio coa visita do Viaxes Amarelle
Por Redacción
A máxima categoría do fútbol salga feminino levanta o pano este fin de semana coa presenza, por segunda tempada consecutiva, do Poio FS.
As vermellas debutan o domingo (12:00 horas) recibindo no pavillón da Seca ao Viaxes Amarelle coruñés despois dunha ilusionante pretempada.
Ás ordes de Gonzalo Iglesias 'Morenín' o Poio aspira a mellorar a novena praza do pasado curso para consolidarse entre as mellores, e para iso reforzouse para contrarrestar a saída de xogadoras importantes como Ceci, Kiko, Peke ou Nerea.
Entre as que chegaron encóntrase a futbolista portuguesa Zulú, única baixa nas vermellas para o debut ligueiro ao seguir recuperándose dunha luxación de xeonllo.
O resto, incluídas as incorporacións Raquel Souza, Jenny Lores e Irene, estarán dispoñibles se o adestrador o considera oportuno.
Pola súa banda o Viaxes Amarelle preséntase en Poio coas ausencias de Laura Tesouro, Lucía Lago e Patri Romaní.