Primeiro día de traballo para o Arxil
Por Redacción
O primeiro equipo do Arxil iniciou a súa preparación de cara a unha ilusionante tempada na Liga Feminina 2.
Aínda sen todas as súas xogadoras, como a africana Mimouna Diarra que se encontra á espera do visado para abandonar o seu país ou a recente incorporación Ana Román, as verdes saltaron á pista para comezar coa súa posta a punto.
Durante as primeiras xornadas o aspecto físico será o punto central da preparación, motivo polo que o corpo técnico programou unha primeira sesión que levou ao equipo a realizar unha carreira de grupo no exterior.
O Arxil, sen meterse presión, aspira a mellorar o sexto posto da pasada campaña e intentar deste modo pelexar por entrar no play-off, aínda que o obxectivo prioritario volve ser asegurar a permanencia na categoría o antes posible.
Ademais das xogadoras que deben incorporarse nos próximos días, a directiva verde espera pechar esta mesma semana a última fichaxe, dunha ala-pívot, que de por pechado o plantel.
O club pontevedrés está á espera de de coñecer o calendario da Copa Galicia, que debe iniciarse este mes de setembro, para pechar as datas dos partidos preparatorios.
Relacionadas:
-
O Arxil pecha o seu plantel coa fichaxe da americana Fallon Lewis
Por Redacción |
-
Cortegada e Universitario Ferrol, rivais do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |
-
Ana Martín renova e cumprirá a súa décimo cuarta tempada no Arxil
Por Redacción |
-
Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción |
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |