Ana Martín renova e cumprirá a súa décimo cuarta tempada no Arxil
Por Redacción
A poucos días de iniciar a pretempada, co primeiro adestramento o próximo luns 1 de setembro, o Arxil confirmou a renovación de Ana Martín.
As verdes pechan así a continuidade da súa capitá, que sumará a súa décimo cuarta tempada no club e se converterá na xogadora con máis partidos no equipo pontevedrés en Liga Feminina 2.
A aleiro firma por unha tempada e únese ao equipo composto polas bases Carla Fernández e Sandra Entenza, a escolta Jara Tuda, as aleiros María Lago e María Centeno, a ala-pívot Cristina Díaz-Pache e as pívot Maimouna Diarrá, Ana Román e Fany López, ao que hai que sumar as canteirás Aldara Vázquez e María Quiroga que adestrarán co primeiro equipo.
A directiva aínda espera lograr a incorporación dunha ala-pívot antes de dar por pechado o plantel.
Relacionadas:
-
O Arxil pecha o seu plantel coa fichaxe da americana Fallon Lewis
Por Redacción |
-
Cortegada e Universitario Ferrol, rivais do Arxil na Copa Galicia
Por Redacción |
-
Primeiro día de traballo para o Arxil
Por Redacción |
-
Jara Tuda renova co Arxil coa intención de gañar protagonismo no primeiro equipo
Por Redacción |
-
Ana Román, reforzo contrastado para o xogo interior do Arxil
Por Redacción |