Bea Gómez, fóra da final de 400 estilos na súa estrea no Europeo de Berlín
Por Diego Espiño
A case seis segundos da súa mellor marca quedou Bea Gómez Cortés nas eliminatorias dos 400 estilos do Campionato de Europa de Berlín.
A nadadora pontevedresa marcou o décimo terceiro mellor tempo das participantes con 4:45.32, sendo sexta na súa serie e quedándose fóra da final, á que non tería acceso ao ser terceira entre as deportistas españolas e existir un límite de dúas competidoras por país nas finais.
Bea mantívose na pelexa ata os 100 metros finais. Tras manterse preto do grupo punteiro, exceptuando unha inalcanzable Mireia Belmonte, durante as fases de bolboreta e costas, a deportista do Club Natación Galaico remontou no principio da braza para pasar en segundo lugar, pero a proba fíxoselle longa.
Na parte final de braza e especialmente no estilo libre Bea desfondou ata caer á sexta praza. Pola súa banda a ribeirense María Vilas foi de menos a máis para facerse co segundo posto da serie (4:41.43) e co sexto mellor tempo meterse na final.
Bea Gómez volverá competir o próximo mércores cun intenso programa que contempla os 800 libre, 200 estilos e o relevo 4x200.
Relacionadas:
-
Bea Gómez, lonxe das súas mellores marcas, despídese das finais europeas de 200 estilos e 800 libre
Por Diego Espiño |
-
Bea Gómez: "Río 2016 es mi objetivo más grande, pero me voy marcando otros más pequeños para no aburrirme"
Por Alejandro Espiño |
-
Medalla de ouro para Bea Gómez Cortés nos 200 metros estilos no Nacional de verán de Barcelona
Por Alejandro Espiño |