Caco, nova baixa nun Pontevedra que ofrece finalmente a renovación a 14 futbolistas
Por Alejandro Espiño
Pouco a pouco séguese despexando o futuro do equipo do Pontevedra. Polo menos, en canto ás baixas con respecto á tempada recén finalizada. Tras a despedida de Kevin Levis e Moreira, confirmada por eles mesmos a través das redes sociais, o club anunciou que Caco, o capitán do equipo, non continuará vestindo a elástica granate. Abandona o Pontevedra despois de seis tempadas.
Caco, que chegou ao club en 2008 procedente do Villalonga, despídese despois de que as lesións non lle permitiran render ao nivel das súas primeiras tempadas na zaga do Pontevedra. Era o xogador que máis tempo levaba defendendo a camiseta do club, dentro do actual equipo granate. Esta tempada xogou 12 partidos, sete deles como titular.
Coa saída do capitán granate, son xa once os xogadores que abandonan o Pontevedra tras concluír os seus respectivos contratos. Trátase de Richi, Santi Domínguez, Javi Nogueira, David Pérez, Javi Otero, Paco, Miguel Vázquez, Pablo Lede, Caco, Moreira e Kevin Levis.
OFERTA DE RENOVACION A 14 XOGADORES
Pola súa banda, a dirección deportiva do club confirmou que finalmente son 14 os xogadores do Pontevedra ao que se lles ofreceu a renovación para a próxima tempada. Espérase que todos eles respondan positivamente e continúen un ano máis no club.
A lista dos xogadores cos que conta a directiva granate son o porteiro Edu; os defensas Adrián Gómez, Pablo González, Yago Vázquez e David Feito; os centrocampistas Pablo Crespo, Fran Fandiño, David García, Tomás, Kevin Presa e Tubo; e os dianteiros Luismi, Carnero e Benja.
Relacionadas:
-
Adrián Gómez e Kevin Presa continuarán no Pontevedra un e dous anos máis, respectivamente
Por Redacción |
-
Sergio Lloves, primeira fichaxe do Pontevedra 2014-2015; David Feito, renova o seu contrato co club
Por Redacción |
-
Kevin Levis e Moreira tampouco seguirán no Pontevedra a próxima tempada
Por Alejandro Espiño |
-
Miguel Vázquez e Pablo Lede, dúas novas baixas confirmadas polo Pontevedra
Por Ramiro Espiño |