Irene Trabazo, subcampioa de España cadete no campionato disputado en Xaén
Por Redacción
A marinense Irene Trabazo proclamouse esta fin de semana subcampioa de España no Campionato de Ciclismo en Idade Escolar celebrado na localidade andaluza de Xaén. Non foi a única compoñente do equipo galego en subir ao podio, xa que en categoría masculina tamén logrou a prata Daniel Rodríguez, ciclista que milita nas filas do E.C Redondela.
Na primeira das probas disputadas na mañá do domingo, Irene Trabazo, coñecedora do potencial das rivais, meteuse na escapada boa e formou parte dende o principio dun grupo selecto de sete corredoras que sería o que loitaría polo triunfo final.
O premio foi para a valenciana Sandra Alonso, que se impuxo á corredora do Club Ciclista Marín, por un estreito marxe. Foi unha moi boa carreira tamén a de Andrea Tomé (Club Ciclista Cambre) que formou parte do grupo perseguidor de catorce deportistas, clasificándose no posto 17 a 2:12 da vencedora.
Na proba de cadetes masculinos, Galicia tamén obtivo un subcampionato de España da man de Daniel Rodríguez que se impuxo nun sprint masivo de 33 corredores que entraron a 11 segundos do gañador e novo campión de España, o castellonenco Pablo Velázquez.
Relacionadas:
-
Irene Trabazo, campioa cadete da Copa de España de ciclismo en estrada
Por Redacción |
-
Lucía Vázquez revalida o seu título de campioa galega de mountain bike; Irene Trabazo gaña en cadetes
Por Redacción |
-
Irene Trabazo consolida o seu liderado na Copa de España cadete ao impoñerse en La Rioja
Por Redacción |
-
Irene Trabazo colócase líder da Copa de España Cadete de ciclismo en estrada
Por Redacción |