Irene Trabazo colócase líder da Copa de España Cadete de ciclismo en estrada
Por Redacción
Despois dunha exitosa tempada de inverno, onde gañou a Copa Federación e o Campionato de España de Ciclocrós, Irene Trabazo comezou con forza a tempada de estrada.
A ciclista marienense colocouse como líder da Copa de España Cadete despois de impoñerse na súa categoría na segunda cita do calendario, o I Gran Premio Muniadona, disputado en Valle de Mena.
Alí Trabazo competiu conxuntamente con deportistas Júnior e Elite, chegando na sétima posición entre todas elas.
Esta vitoria, sumada ao terceiro posto da primeira proba da Copa de España, situou a marinense no primeiro posto da xeral.
A terceira proba puntuable desta competición disputarase o próximo 22 de xuño co IV Trofeo Gobierno da Rioja, en Villamediana de Iregua, como preludio dos Campionatos de España en Ruta de principios de xullo en Xaén.