Irene Trabazo consolida o seu liderado na Copa de España cadete ao impoñerse en La Rioja
Por Redacción
A deportista do Club Ciclista Marín Irene Trabazo chegou ao ecuador da Copa de España Cadete de ciclismo en estrada como líder sólida da competición.
Faino despois de sumar en Villamediana de Iregua (La Rioja) a súa segunda triundo nas tres primeiras citas.
Nunha carreira con 47 participantes inscritas dúas ciclistas destacáronse na cabeza cun minuto de vantaxe a 12 quilómetros de meta, pero o ímpeto do grupo perseguidor provocou que se neutralizase a renda e decidir a proba ao sprint, onde Irene Trabazo foi máis rápida que os seus rivais entrando en primeiro lugar por diante Cristina Soler (Romovi-Rustic) e Maddi Amondarain (Limousin Cartonajes).
A marinense é líder da xeral con 169 puntos polos 158 de Soler antes da cuarta cita da Copa de España, o próximo 19 de xullo no I Trofeo Ciudad de Zamora.